|
O xampp, é un paquete que trae o Apache, MySQL, PHP, Perl... que permite montar doadamente un servidor de probas. Neste caso desde linux ubuntu.
Para instalar:
1. Descargar o paquete xammp
2. Abrir consola e situarse no mesmo cartafol que o ficheiro descargado.
3. Supoñendo que o ficheiro descargado se chame "xampp-linux-1.6.8a.tar.gz" executase:
sudo tar xvfz xampp-linux-1.6.8a.tar.gz -C /opt
4. Con isto estaría instalado para arrancar basta con executar desde o cartafol "/opt/":
sudo ./lampp/lampp start
Pero tal que así, plantexa problemas de permisos pois obriga a ser root para modificar os ficheiros no cartafol "/opt/lammp/htdocs/" para solventar esta situación, fai falta unha configuración adicional. Desde o cartafol "/opt/", páranse os servidores (só se están iniciados):
sudo ./lampp/lampp stop
Crease o usuario "apache":
sudo useradd apache
Crease o grupo "usuarios" se non existe
sudo addgroup usuarios
Engadimos o usuario "apache" ao grupo "usuarios"
sudo adduser apache usuarios
Engadimos o noso usuario ao grupo "usuarios"
sudo adduser nosousuario usuarios
Dáselle ao grupo todos os permisos:
sudo chmod -R g=rwx lampp/
Mudase o usuario e grupo ao que pertencen os ficheiros do xammp:
sudo chown -R apache:users lampp/
Mudase o ficheiro de configuración do apache:
sudo gedit lampp/etc/httpd.conf
Abrese o modificador de texto gedit e mudanse as liñas:
User nobody Group nobody
por:
User apache Group usuarios
Iniciase o xammp
sudo ./lampp/lampp start |