Lexico. Cochaino e cocha. PDF Correo-e
Sábado, 16 Agosto 2008 18:01

Aquí van un par de termos, cochaino e porca:

Cochaino-a. Segundo o Estraviz: adj. (1) Esquerdo, que se axeita mais com a mão esquerda que com a direita. (2) Pertencente ou relativo à mão esquerda. Vars. Cocheno, cuchaino. Sinóns. Maniscoto, manoto.

Cocha. Segundo o Estraviz: s. f. (7) Cada um dos ramos que, torcidos, formam um cabo de embarcaçom.

Un par de comentarios:

En canto ao significado de cochaino-a, pareceme raro que non faga referencia a zurdo pois, non aprezo diferencias en canto ao seu significado. En canto a zurdo, tampouco fai referencia de ningún tipo a cochaino.

Con respecto ao significado de cocha, indicoumo meu pai, e procurando en dicionarios o único que o recolle é o Estraviz pois o digalego non o contempra. Cabe dicir que meu pái é do Grove polo que aquí ten este significado entre outros.

Saúde.

 
Léxico. Porca PDF Correo-e
Venres, 08 Agosto 2008 16:50

Pois tiña a dúbida de como se dícia tuerca en galego e xa esclarecín a dúbida, resulta que se chama porca, si, así mesmo, así que porca ademais de ser a femia do porco é a peza con rosca que se enrosca ou aparafusa nun parafuso.

Dúbida resolta!

 
Extesión para o Thunderbird: ImportExportTools (Mboximport enhanced) PDF Correo-e
Xoves, 19 Xuño 2008 16:37

A extensión ImportExportTools (Mboximport enhanced) permite exportar as mensaxes e cartafoles completos a formato mbox, eml, html... esta extensión resúltame útil para facer copias de seguridade e posteriormente recuperalas. Isto permíteme ir almacenando o correo en anos por exemplo. Eu uso a versión portátil do Thunderbird polo que ademais consigo alixeiralo xa que non teño que ter todo o correo de anos activado.

A exportación a html fai que as mensaxes se poidan consultar desde un simple navegador polo que non é preciso importalas para poder lelas. O formato eml tamén é bastante práctico pois tampouco é preciso importar para acceder á mensaxe, o eml ten a vantaxe de que conserva os anexos.

 
Podcast: sabermais 14 20080617 Bacelo PDF Correo-e
Martes, 17 Xuño 2008 16:51

sabermais.14.20080617. Bacelo.

Falamos do termo bacelo. Cada vez temos un formato máis concentrado!

Tempo total: 9 min 01 seg

Tamaño do ficheiro: 12 MB

 

Música: Xera do album Lliendes.

Grazas por escoitarme!

Descarga o mp3

 
Ficheiro de configuración do Samba en ubuntu 8.04 PDF Correo-e
Luns, 09 Xuño 2008 18:03

Onde está o ficheiro de configuración do Samba no ubuntu 8.04 (hardy)?

Pois a cuestión é que coa nova versión do ubuntu, muda a forma da xestión dos cartafoles compartidos a traveso de samba. Antes isto facíase a traveso do shares-admin, pero parece que por cuestións de mantemento do paquete (non o están a manter), desbotouse o seu uso e agora o ubuntu hardy ven cun complemento do nautilus, o nautilus-share.

Pois ben, nas versións anteriores a 8.04 do ubuntu, o xestor gráfico, que se lanzaba co shares-admin, permitía ver unha listaxe dos cartafoles compartidos así como establecer o nome do grupo de traballo da computadora entre outras opcións, agora no nautilus-share isto xa non está tan claro, polo menos para min, pois realmente non sei onde se muda isto, eu inicialmente fíxeno no ficheiro de configuración (/etc/samba/smb.conf) modificandoo directamente. O ubuntu 8.04 ponlle aos cartafoles compartidos unha icona distinta cun símbolo que indica que está a ser compartido.

Indo ao tema, antes os cartafoles compartidos estaban no ficheiro de configuración do samba que estaba en /etc/samba/smb.conf, alí estaba todo, inclúidos os cartafoles compartidos.

A cuestión é que agora ao compartir, co nautilus-share no ficheiro de configuración (smb.conf) non aparece o que se comparte, e polo tanto a dúbida é, onde está esa configuración? pois resulta que se garda en /var/lib/samba/usershares/ onde se crea un ficheiro por cada cartafol compartido.

De momento sigo a preferir o que se viña usando en versións anteriores, polo que o que fixen foi desinstalar o nautilus-share e pór no menú de administración un lanzador cara shares-admin, así sen nada diante, pois se se usa o mesmo lanzador que na versión anterior (por exemplo para os que anovaron dunha versión anterior) non vai traballar, polo menos a min non me foi, porque ten o gksu diante.

Máis nada, que aproveite!

 
Lexico: estarricamento PDF Correo-e
Mércores, 04 Xuño 2008 16:58

Estarricamento entre outros usos está o de estender os membros do corpo para darlles maior flexibilidade.

Definición do digalego para estarricar é:

1 v t Estirar unha cousa para que dea de si e sexa máis longa ou quede máis tirante.

2 v t Estender algo que estaba encollido ou dobrado.

3 v i Crecer unha persoa.

4 v pron Estender os membros do corpo ou os músculos para darlles maior flexibilidade.

SIN: estalicar, estirar, estricar, estalicar, estirar, estricar, estalicarse, estirarse, estricarse, estalicarse, estricarse.

ANT: encoller.

 
Comentarios (0)
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 11